+986 33 47 88 info@somosmagenta.com

TERRAS GAUDA

TERRAS GAUDA

O grupo galego Terras Gauda está consolidado como un dos principais bodegueiros do panorama estatal. Entre as empresas que o compoñen figura Bodegas Pittacum, que pertence a Denominación de Orixe do Bierzo. A ilusión e a inquedanza do seu equipo de marketing trasládanos a necesidade de anunciar unha nova liña de negocio: o enoturismo.

Proxecto

Elaboramos un folleto díptico a modo de postal que difunde a información práctica das visitas, arroupada con imaxes e textos evocadores dunha experiencia enriquecedora para todos os públicos. Tanto a localización da bodega, nunha típica casería de pedra do s. XIX, como o entorno vitininícola natural do Bierzo, converten a Bodegas Pittacum nun destino enoturístico de primeiro nivel. Destacamos viticultura, patrimonio natural e arquitectónico nunha mesma vivencia.

Traballo realizado

Deseño e maquetación de folleto publicitario