NYA FOTOGRAFÍA
NYA FOTOGRAFÍA
Los recuerdos de Nya é un proxecto empresarial de Noelia Lorenzo con dúas liñas de negocio: por un lado, unha tenda física e online de personalización de detalles para regalos e eventos e, polo outro, un estudio de fotografía familiar.
Proxecto
O noso proxecto centrouse en dotar de identidade verbal e visual ao negocio da fotografía, que viña quedando nun segundo plano pola tenda de detalles. Optamos por separarnos de Los recuerdos de Nya e ser simplemente Nya fotografía. Exploramos diferentes técnicas gráficas, incluída a acuarela, buscando un símbolo adorable e familiar para ilustrar o estudio fotográfico. Finalmente Noelia decantouse por unha proposta tipográfica a pau seca en cor negra que funciona perfectamente como marca de auga das súas creacións.
Traballo realizado
Creación identificador
Naming


