CONCELLO DE TOMIÑO
CONCELLO DE TOMIÑO
O Concello de Tomiño organiza dende 2015 a Semana da Educación. Un encontro para docentes, persoas educadoras e tamén pais e nais no que formarse e aprender diferentes temáticas relacionadas coa educación.
Proxecto
A creación da identidade visual corporativa deste evento foi determinante para todo o material que se desenvolveu despois. A premisa era “a educación a debate, preguntas e respostas”. Un deseño tipográfico, co símbolo de interrogación en movemento e moita cor é a base para crear un universo dinámico, positivo e diverso; como a esencia destas xornadas.
Traballo realizado
Creación de identificador
Deseño e maquetación de folleto publicitario
Deseño de cartel
Entradas redes sociais
Deseño de display roll e fondo escenario