DISMABOC
DISMABOC
En 2005 creamos o identificador de dismaboc vending. En 2019 a empresa decide facer unha revisión da súa identidade visual corporativa para plasmar a nova realidade empresarial. O catering ten hoxe moito máis peso que nos inicios e isto lévanos a mudar a marca cara unha identidade máis humana, sobria e elegante.
Proxecto
Realizamos un redeseño da marca, mantendo o círculo como elemento de conexión pero cunha nova disposición, máis simple e funcional. Deseñamos unha nova web para que a usuaria descubra nuns segundos todo o que dismaboc ofrece. Que navegue pola páxina e se sorprenda ao descubrir servizos que non coñecía do seu provedor. Creamos unha web amable, con moita carga gráfica de fotografías que inviten á persoa a coñecer os servizos que ofrece a empresa.
Traballo realizado
Redeseño de marca
Rotulación de vehículos
Deseño de páxina web www.dismaboc.com
Estrutura e mapa web
Desenvolvemento de contidos e redacción de textos
Deseño e maquetación de folleto publicitario
Deseño de vasos para café









