CIM GONDOMAR
CIM GONDOMAR
O Centro de Información a Muller do Concello de Gondomar confiou en magenta para deseñar e desenvolver unha campaña integral contra a violencia de xénero. Traballamos en tres eidos: a creación dun Punto de Igualdade en Vivo, o deseño e maquetación dun folleto publicitario do CIM e a elaboración dun calendario de sobremesa destacando 12 figuras de mulleres na historia.
Proxecto
O Punto de Igualdade en Vivo é unha carpa rosa que estará presente nos eventos de cultura, deportes e xuventude. Nesta carpa instalouse un photocall con frases para que os visitantes puidesen interactuar e facer fotos coas mensaxes. Complementamos o espazo con diversos soportes publicitarios en forma de pop up. O folleto publicitario repartíase no stand para informar dos servizos que ofrece o CIM Gondomar durante todo o ano, un pilar de apoio permanente para as mulleres que o precisen. Para gañar presenza durante todo o ano realizouse tamén un calendario de sobremesa que incluía a breve biografía de 12 mulleres destacadas na historia.
Traballo realizado
Creatividade
Creación de lemas
Deseño de roll up e pop-up
Photocall
Folleto publicitario
Deseño de calendario









