ZENDAL
Zendal
Nace Zendal, marca corporativa dun grupo farmacéutico que aglutina sete liñas de negocio enfocadas a investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos de alto valor engadido no ámbito da saúde humana e animal. Defendendo o concepto One Health, o grupo con sede no Porriño, avanza coa enerxía da experiencia e iso plásmase na creación dunha identidade visual corporativa plena.
Proxecto
Dotar de identidade visual corporativa a Zendal foi un traballo liberador, capaz de poñer en orde moitas ideas que levaban tempo vagando soltas. Unha identidade profunda como o océano que atravesou en 1803 Isabel Zendal, enfermeira galega inspiradora do nome.
Traballo realizado
Creación identificador
Identidade gráfica
Comunicación corporativa
Rotulación
Regalo publicitario
RR.SS.
Publicidade dixital
Exposición muller e ciencia