transportes barros
transportes barros
Transportes Barros é unha empresa dedicada ao transporte nacional e internacional de mercadorías dende hai máis de 50 anos. Hoxe en día, situada no Polígono Industrial A Granxa do Porriño, é unha empresa áxil e eficiente que se caracteriza pola súa fiabilidade, compromiso co cliente e innovación constante nos seus servizos.
Proxecto
A identidade corporativa de Transportes Barros define a personalidade dunha empresa áxil e moderna. Creamos para o seu 50 aniversario un símbolo que emprega as aspas características da súa identidade, neste caso a modo de paréntese. É momento de celebrar unha traxectoria empresarial cargada de historia, coa mirada posta no futuro das novas xeracións.
Traballo realizado
Deseño rotulación vehículos
Merchandising 50 anos


