MARI FLORISTERÍA

MARI FLORISTERÍA

Floristería Mary é un negocio familiar con ampla traxectoria no Porriño. A empresa atópase nun proceso de relevo xeracional. Neste momento de cambio propíciase a creación dunha nova identidade corporativa que reflicta ese avance, así como unha adaptación do nome a Mari floristería.

 

Proxecto

Na creación da identidade corporativa de Mari floristería barallamos tres conceptos claves: natureza, creatividade e sinxeleza. Deseñamos un único trazo que describe a vida da planta, dende a base ata o teito da figura cadrada. É un símbolo creativo, que fala de composición e de deseño. A grafía de “Mari” a pau seco acompaña o perfil do símbolo dando continuidade ao conxunto. A cor verde menta acentúa a delicadeza da imaxe.

 

Traballo realizado

Creación identificador

Implementacións corporativas

Roupa de traballo

Etiquetas de produto

identidad-corporativa-flores
identificador-floristeria
etiquetas-en-rollo
identificador-color-menta
ramos-flores-novia
contratipo