FARMACIA PÉREZ GONZÁLEZ
fARMACIA PÉREZ GONZÁLEZ
A Farmacia Pérez González do Porriño amplía as súas instalacións e solicita a magenta a creación da súa imaxe visual corporativa. O deseño dun identificador é sempre un traballo difícil e apaixonante, no que o diálogo e o entendemento coa empresa é fundamental.
Proxecto
A renovada farmacia conta cunhas instalacións amplas e modernas sitas nun edificio histórico do casco urbano do Porriño. Traballamos en equipo na busca dun símbolo identificativo que reunise tradición e contemporaneidade. Decantámonos por unha reinterpretación gráfica da icona clásica da farmacia: a serpe coa copa. A cor corporativa confírelle un matiz industrial que fomentamos nas diferentes implementacións corporativas.
Traballo realizado
Creación identificador
Implentacións corporativas
Rotulación


