banda de música popular de Rubiós

banda de música popular de Rubiós

O deseño editorial é un traballo moi gratificante porque o resultado é unha publicación. Un produto que se pode tocar, ler, ulir, que perdura no tempo e que fomenta a cultura. A interacción de textos e fotografías ou ilustracións, que van cobrando vida propia a medida que se suceden as páxinas é un baile gráfico apaixonante, tanto no momento en que recibes nas mans a publicación coma na hora en que deseñas a maqueta, estruturas os contidos e introduces os textos. 

Proxecto

Dende a escolla da tipografía, o deseño das páxinas mestras, o paxinado, as probas de imprenta,… é un proceso longo e laborioso que remata cunha creación única froito do traballo dun gran equipo de persoas.

Traballo realizado

Libro “A Banda de Música popular de Rubiós” Concello das Neves

Deseño editorial