CZ VACCINES
CZ VACCINES
A empresa farmacéutica galega CZ Veterinaria nace en 1993. Ao longo da súa historia, temos realizado diversos redeseños da marca e agora chegou o momento dun gran cambio. CZ Veterinaria pasa a denominarse CZ Vaccines. Isto implicou unha renovación global da súa identidade de marca.
Proxecto
Mantemos a esencia da marca: os dous puntos característicos, a cor vermella e a tipografía. Engadimos “Vaccines” cunha gráfica máis lixeira e aberta. As bases da nova identidade son a cor vermella aplicada en grandes masas de fondo e a presenza de fotografías biotecnolóxicas de gran tamaño. CZ Vaccines é un referente europeo de produtos biolóxicos para saúde humana e animal e a imaxe que presentamos é sempre limpa, tecnolóxica e contundente.
Traballo realizado
Redeseño de marca
Deseño e maquetación de folleto corporativo
Deseño de stand feiral
Anuncios en prensa especializada
Comunicación dixital
Calendarios publicitarios
Marketing de produto







