CONCELLO DE TOMIÑO
CONCELLO DE TOMIÑO
O Concello de Tomiño pon á disposición da súa cidadanía unha programación ampla, diversa e de calidade, que inclúe propostas culturais e de lecer pensadas para todas as idades e intereses ao longo de todo o ano.
Proxecto
En magenta poucas cousas nos gustan tanto como as programacións culturais. Vivímolas como espectadoras e gozámolas tamén desde o traballo. Condensar toda a información que nos facilita o cliente dun modo breve, visual e claro é un deses retos que afrontamos con ilusión. Buscamos as imaxes máis axeitadas —non só as máis fermosas, senón as que encaixen en harmonía co resto da composición— e facemos as adaptacións necesarias sen perder forza nin personalidade. Todo este proceso é, para nós, un traballo que facemos con auténtico gusto.
Traballo realizado
Deseño e maquetación de folleto publicitario
Deseño de cartel
Entradas redes sociais
Anuncios prensa escrita
Deseño de mupi