argibay
argibay
Argibay é a cuarta xeración dunha panadería familiar que leva dende 1882 elaborando pan no Porriño. Hoxe en día todos os seus pans son ecolóxicos. O proceso de elaboración sendo artesanal. Teñen muíño de pedra e forno de leña directa, o Forno vello. Todas as fariñas integrais e semi-integrais estás moídas a pedra. Tamén crearon unha nova liña de repostería ecolóxica para disfrutar comendo san. Elaboran pans especiais de cereais de variedades antigas fermentados solo con masa nai.
Proxecto
A orientación cara a produción ecolóxica tiña que plasmarse nunha nova identidade corporativa da empresa. Creamos unha nova marca “panadería ecolóxica argibay” que identifica á panadería e comunica o valor ecolóxico do seu pan. Unha gráfica moderna e tipográfica que nos fala dun equipo de traballo que mira ao futuro mimando o seu pasado.
A identidade corporativa implementouse en varias liñas de produto de panadería, e mesmo nunha nova liña de repostería ecolóxica que bautizamos co nome de “eco-doce”. Neste caso as gamas cromáticas son máis alegres e divertidas.
Traballo realizado
Naming
Creación de marca
Deseño packaging
PLV
Marketing de producto
Redes Sociais














