Afilados baixo miño
Afilados Baixo Miño
Afilados Baixo Miño é unha empresa especializada no afiado profesional de ferramentas e maquinaria de corte. Presta servizo a restaurantes, carnicerías, peixerías e a calquera sector que precise manter os seus útiles de corte en perfectas condicións.
Con máis de 25 anos de experiencia e con sede en Salceda de Caselas, a empresa destaca pola súa comodidade e rapidez, desprazándose ata as instalacións do cliente grazas ao seu taller móbil, o que permite realizar o traballo no momento e evitar interrupcións na actividade diaria.
Proxecto
Hoxe en día, calquera empresa necesita presenza en internet, e Afilados Baixo Miño non é unha excepción. Cunha traxectoria de máis de 25 anos no sector, chegou o momento de plasmar toda esa experiencia e bo facer nunha páxina web.
As indicacións foron claras desde o inicio: crear unha web dunha soa páxina, visual, sinxela e directa, que resumise de forma clara todos os servizos ofrecidos. Un obxectivo claro ao que demos resposta cun deseño práctico e funcional.
Traballo realizado
Deseño web





