Zendal - magenta

O noso proxecto

Nace Zendal, marca corporativa dun grupo empresarial que aglutina sete liñas de negocio enfocadas a investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos de alto valor engadido no ámbito da saúde humana e animal. Defendendo o concepto One Health, o grupo con sede no Porriño, avanza coa enerxía da experiencia e iso plásmase na creación dunha identidade visual corporativa plena.
Dotar de identidade visual corporativa a Zendal foi un traballo liberador, capaz de poñer en orde moitas ideas que levaban tempo vagando soltas. Unha identidade profunda como o océano que atravesou en 1803 Isabel Zendal, enfermeira galega inspiradora do nome.

Traballos realizados

  • Creación identificador
  • Identidade gráfica
  • Comunicación corporativa
  • Rotulación
  • Regalo publicitario