Concello do Porriño

O noso proxecto

As festas do Cristo do Porriño eran anunciadas hai cen anos como “festas rexionais”, pretendendo que o persoal forasteiro viñera á localidade a compartir a festa. Aproveitando a presenza do fotógrafo ambulante, era un bo momento para quedar retratados para a posteridade.

O entroido é festexado dende antigo na vila. O tradicional Xogo da Ola continúa a celebrarse a día de hoxe.

O Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño saca á luz do seu fondo as fotografías que mostran estes momentos de celebración ao longo do tempo.

Traballos realizados

  • Deseño e maquetación paneis para a exposición “As Festas do Cristo do Porriño”
  • Deseño e maquetación paneis para a exposición “Oh entroido no Porriño”