Bar Maceira

O noso proxecto

O Bar Maceira é un histórico local que funciona como lugar de reunión en Sanguiñeda dende 1971.
Chegou a renovación xeracional e con ela unha renovación do negocio e da súa identidade corporativa.
Creamos unha nova gráfica que fai honra á súa historia mantendo as iniciais do Bar Maceira, pero nunha liña fresca e actual que acompaña ao espírito innovador da nova xerencia. Un novo estilo de negocio, que nos levou a idear unha especial carta de madeira  para unha comida especial. Moitos detalles na creación dun novo bar.

Traballos realizados

  • Creación de identificador
  • Implementación en soportes corporativos
  • Rotulación local
  • Cartas